Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

29 de mar. de 2013

CINE ESTAS VACACIÓNS

Xa está en carteleira a nova película de Dreamworks :"Os Croods : unha aventura prehistórica", película que está acadando récords de audiencia. Velaquí vos deixo o tráiler.





24 de mar. de 2013

CARMINA BURANA


Os Carmina Burana son unha colección de cantos medievais goliárdicos dos séculos XII e XIII.
Esta colectánea, composta por estudantes e clérigos, consta dunhas 300 composicións, das que arredor de 250 están en latín e unhas 50 en alemán, en francés antigo ou nunha mestura de varias delas. Os temas e estrutura rítmica son as comúns da poesía cabaleiresca (as cruzadas, o amor, a natureza) e dos himnos relixiosos. Porén, as composicións típicas son as chamadas Kontrafakturen, que seguen o esquema de versículos e letanías dos Evanxeos pero satirizan e condenan a decadencia dos estudos e a corrupción da curia romana. A composición máis coñecida é a Confessio Goliae, de Gualterio de Châtillon, que eloxia a muller, o viño e o xogo.


21 de mar. de 2013

DÍA DA POESÍA:TEXTOS POÉTICOS


Fai clic na seguinte ligazón : Un niño no xardín.
Actividades para a semana do 22 marzo ata o 4 de abril:
1.Le, comprende,memoriza e recita un dos poemas do texto.
2. Busca información na rede sobre o autor do libro e a ilustradora.Elabora un breve informe.

COMEZA A PRIMAVERA!

Comeza a primavera.Sube o teu comentario acerca do que che inspira esta estación ou a música de Vivaldi.Non esquezas o corrector de textos!!!!!!!!!!

20 de mar. de 2013

Busca o teu apelido

19 de mar. de 2013

O NOME DOS PEIXES 2


Para facer ata o 20 de marzo.Docum. de OpenOffice,arial, nº 12

.Refráns:
1.“Máis vale pescar no mar linguados que no río barbos”,
2. “A faneca e a solla na caída da folla”,
3.“Cando a figueira ten folla, vale ouro a solla”,
4.“ A solla en abril abre a man e déixaa ir”.
Exercicios:
1. Busca información sobre 5 refráns relacionados cos peixes ou coa pesca.
2. Escribe o "campo semántico" dos peixes distinguindo: de río, mar, baixura, altura,... Indica as variantes que coñezas.

OS NOSOS APELIDOS

18 de mar. de 2013

TEXTO PUBLICITARIO




A seguinte curtametraxe é publicitaria.
Vese claramente que produto promociona?
Ten algún elemento humorístico? Cal?
Vai dirixido a un público concreto? Cal?
Cal dos personaxes que aparecen faría a compra do produto? Por que?

13 de mar. de 2013

Léxico das plantas I: as abelurias

Pregunta na casa como lle chaman.Hai menciñas, para doenzas do corazón, feitas con esta planta(Digitalis).

El señor de las

Mientras Lees: literatura, cine y videojuegos: Bicentenario de la publicación de Orgullo y Prejui...

Mientras Lees: literatura, cine y videojuegos: Bicentenario de la publicación de Orgullo y Prejui...: El próximo 28 de enero , se cumple el bicentenario de la publicación de la novela más popular y famosa de Jane Austen y una de las más e...

12 de mar. de 2013

11 de mar. de 2013

"O garaxe ideal".Repaso do xénero no substantivo.

ACTIVIDADE: 1-Fai unha táboa con 3 columnas onde recollas 12 substantivos invariábeis masculinos, 12 invariábeis femininos e unha columna coas excepcións 2- Comenta as vantaxes ou desvantaxes dun garaxe coma o do vídeo.

10 de mar. de 2013

SEGURIDADE NA REDE

Imos ler o seguinte texto e responderemos ás cuestións plantexadas.

Contrasinais seguros
Por moi seguro que sexa un sistema, non servirá de nada se un atacante consegue o nome e contrasinal dun usuario lexítimo.
Actualmente, o método máis estendido para obter acceso á información persoal que almacenamos no noso equipo e/ou servizos en liña é mediante contrasinais.
A maioría das veces un contrasinal é a única barreira entre os nosos datos confidenciais e os ciberdelincuentes. Polo que merece a pena investir un pouco de tempo e esforzo para xestionalos eficazmente.
Que debe ter un contrasinal para ser realmente seguro?
Un bo contrasinal debe cumprir, polo menos, tres destas catro características:
  1. Ter números
  2. Ter letras
  3. Ter maiúsculas e minúsculas
  4. Ter símbolos ($, @,&, #, etc.)

A parte, para que un contrasinal sexa seguro tamén debe cumprir os seguintes requisitos:
  •   A lonxitude non debe ser inferior a sete carácteres. A maior lonxitude máis difícil de adiviñar.


  •   Non debe formarse con números e/ou letras que estean adxacentes no teclado. Exemplos de malos contrasinais son: 123456, 1q2w3e ou 123QWEasd.


  O contrasinal non debe conter información que sexa fácil de pescudar, por exemplo, nome de usuario da conta, información persoal (aniversario, nomes de fillos, etc.)
  Non debe conter palabras existentes nalgún idioma. Os ataques de dicionario(1) proban cada unha das palabras que figuran no dicionario e/ou palabras de uso común.

1.Un ataque de dicionario é un método de cracking que consiste en intentar pescudar un contrasinal probando todas as palabras do dicionario.

Boas prácticas
  •   Non uses o mesmo contrasinal para diferentes contas. Sobre todo si son de alto risco, como as dos servizos bancarios ou comerciais.
  •   O contrasinal é algo privado, non o deixes escrito en ningún sitio, e moito menos á beira do ordenador.
  •   Cambia os contrasinais que traen por defecto os dispositivos e servizos en liña. Un exemplo é o dos router WiFi, que traen por defecto contrasinais publicamente coñecidos, que un atacante podería utilizar.

Un Truco para crear contrasinais seguros

Usar unha frase fácil de memorizar. Unha vez feito isto, podemos facer combinacións coas distintas palabras que compoñen a frase: utilizar a primeira letra de cada palabra, utilizar a última letra de cada palabra, etc.

Exemplo: Utilizar a primeira letra de cada palabra.

Frase: O 4 de Decembro é o meu aniversario.

Contrasinal: O4dDeoma.

ACTIVIDADES
1. Utilizas contrasinais? Consideras que son seguros, despois desta lectura?
2. Escribe un exemplo de contrasinal seguro e outro que sexa un exemplo claro de mal contrasinal.
3. Que é un ataque de dicionario?

9 de mar. de 2013

Curta; Adán e Can de Minkyu Lee.


Vemos esta nova curta e comentamos o argumento, o tema, os personaxes, o espazo e o tempo.


Impresionantes fotos do interior de Google.

´

REPASO DOS DETERMINANTES

Imos repasar os determinantes cuns exercicios sinxelos e entretidos feitos con LIM. Para acceder a eles preme aquí.

8 de mar. de 2013

8 de marzo, día da muller traballadora.


Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.

Lembrádesvos?







http://tecnoloxia.tumblr.com/post/44808483651/latexando