Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

9 de set. de 2014

BENVIDA AO CURSO 2014 - 2015.



Benvida a toda a comunidade educativa do IES María Sarmiento ao novo curso e a este blog de aula de Lingua galega e literatura para 1º de ESO.Os meus mellores desexos para todos.  

4 de set. de 2014

O proceso de aprendizaxe , I : buscando información.

A torre de Babel.Unha cuestión para ter clara.

T

oda a terra falaba una soa lingua e usaba as mesmas palabras. Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí. Dixéronse uns ós outros: _“Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. E nisto propuxeron: _ “Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.

B

aixou o Señor para ve-la cidade e a torre que os homes construían, e pensou: _ “Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza. Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros”. O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construír a cidade. A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.

Xén 11,1-9


Explica que relación hai entre a tendencia  á diversificación das linguas e o mito dun idioma universal.

3 de set. de 2014

Tarefa 2.Traballamos os textos: lingua non literaria/lingua literaria.

“Imos examinar as peculiaridades dunha casa-vivenda ordenada, xunto coas súas construcións adxectivas, en torno a un patio central, ó que se accede por unha porta de dúas batentes situada nun dos muros piñóns dun alpendre no que atopamos o galiñeiro, e un pequeno almacén para os útiles de labranza cuberto polo palleiro.A edificación da casa-vivenda está composta por tres corpos edificados en distintos momentos. No primeiro, cunha planta terrea ocupada pola corte, encontramos un andar composto pola sala e os cuartos de durmir, ó que se chega a través dunha escaleira exterior que desemboca nun corredor totalmente pechado. No segundo, unha ampla cociña que ocupa a totalidade do andar, comunicada co resto da vivenda polo corredor. E o terceiro, de pequenas dimensións, está ocupado por un cuarto con entrada desde a sala.”

Pedro de Llano. Arquitectura popular en Galicia.

















CASA BALEIRA

Hai un olor pechado
e un rastro de ausencias
esquecidas nos espellos,
no frío das cinzas apagadas.
Un alento húmido de respiración,
unha gargallada tráxica.
O ecoar espectral dos pasos
e a auga a escorrer
polo tellado
identifico outras horas,
outras voces perdidas sen remedio
na distancia.
No aire dos armarios,
morfina do tempo,
palpo a morneza dun corpo
nestes traxes que amaron a luz.
Naftalina e soños dormen
chalecos e zapatos deixados
por alguén que emprendeu escura
naveganza.
Aquí están en paz,en soliloquio
íntimo,
suores, caricias, lonxanías,
últimos mofos onde se pudre 
oloroso o esquenzo, 
tal se destapo un frasco de aire
enfermo.

Xulio L. Valcárcel. En voz baixa

TAREFA 2:

Le os dous textos.
Busca no dicionario as palabras subliñadas.
Redacta un breve texto no que expliques as diferenzas entre un  e outro.

Como presento esta tarefa?:

Nun documento en OpenOffice, aliñado nas catro marxes, en letra verdana,12, indicando:

Nome e apelidos, nº, curso
Tarefa 2 "Casas": Traballamos os textos: lingua non literaria/lingua literaria.

A tarefa entregarase ou impresa nun folio DIN A4 ou como arquivo adxunto á dirección de correo electónico  sabelaals@gmail.com
Data final de entrega:Primeira semana de outubro.

Xogamos e aprendemos léxico









Preme aquí para xogares.
Preme na ligazón.

Videotitorial de bubbl.us: esquemas e mapas mentais.



A 1ª clasificación dos textos pode ser a seguinte:











Aos textos literarios sabémoslles as características e no esquema podemos deixalas así (vale de moitas formas):

O voso traballo é facer un esquema en Bubbl.us cos XÉNEROS LITERARIOS.




A COMUNICACIÓN.

Tipos de textos, I