Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

18 de abr. de 2014

LIBRO DE LECTURA DA 3ª AVALIACIÓN

9 de abr. de 2014

Lendo poesía:Curros Enríquez.

Unha noite na eira do trigo
ao refrexo do branco luar,
Una nena choraba sin trégolas
Os desdéns dun ingrato galán.

I a coitada entre queixas dicía,
"Xa no mundo non teño ninguén!",
"Vou morrer e non ven os meus ollos,
Os olliños do meu doce ben!".

O seus ecos de melancolia,
Camiñaban nas alas do vento,
I o lamento repetía,
"Vou morrer e non vén o meu ben".

Lonxe dela de pé sobre a popa
Dun alevee negreiro vapor,
Emigrado camiño de America,
Vai o pobre infeliz amador.

I ao mirar as xentís anduriñas,
Cara a terra que deixa cruzar,
"Quen pudera dar volta!", pensaba,
"Quen pudera con vosco voar!".

Mais as aves i o buque fuxian,
Sin oir seus amargos lamentos,
Soio os ventos repetian
Quen pudera con vosco voar!.

Noites claras de aroma e lúa,
Desde entón que tristeza en vós hai,
Pros que viron chorar unha nena,
Pros que viron un barco marchar.

Dun amor celestial verdadeiro,
Quedou soio de bágoas a proba,
Unha cova nun outeiro,
I un cadabre no fondo do mar.


Resume o poema e indica o tema.

1 de abr. de 2014

TAREFA SOBRE A DESCRICIÓN.

Tedes que realizar unha descrición dun rostro que seleccionedes no taboleiro de Pinterest. Clicade sobre o enlace debaixo da imaxe.
A descrición ha ser unha redacción en tres parágrafos.
 Ten que presentar as características principais da descrición:
- abundancia de adxectivos
- comparacións
- metáforas ou imaxes
Será unha descrición subxectiva  e consistirá nun retrato do personaxe elixido : adicaredes unha parte á descrición física e outra á descrición psicolóxica.
LIGAZÓN: Rostros