Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?
Mostrando postagens com marcador Tipos de textos. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Tipos de textos. Mostrar todas as postagens

10 de mar. de 2015

TIPOS DE TEXTOS: O PROSPECTO.

Un prospecto é un papel que contén as indicacións necesarias sobre un medicamento ou produto.Non deixa de ser un texto de instrucións. Vexamos as características neste texto.


3 de set. de 2014

Tarefa 2.Traballamos os textos: lingua non literaria/lingua literaria.

“Imos examinar as peculiaridades dunha casa-vivenda ordenada, xunto coas súas construcións adxectivas, en torno a un patio central, ó que se accede por unha porta de dúas batentes situada nun dos muros piñóns dun alpendre no que atopamos o galiñeiro, e un pequeno almacén para os útiles de labranza cuberto polo palleiro.A edificación da casa-vivenda está composta por tres corpos edificados en distintos momentos. No primeiro, cunha planta terrea ocupada pola corte, encontramos un andar composto pola sala e os cuartos de durmir, ó que se chega a través dunha escaleira exterior que desemboca nun corredor totalmente pechado. No segundo, unha ampla cociña que ocupa a totalidade do andar, comunicada co resto da vivenda polo corredor. E o terceiro, de pequenas dimensións, está ocupado por un cuarto con entrada desde a sala.”

Pedro de Llano. Arquitectura popular en Galicia.

















CASA BALEIRA

Hai un olor pechado
e un rastro de ausencias
esquecidas nos espellos,
no frío das cinzas apagadas.
Un alento húmido de respiración,
unha gargallada tráxica.
O ecoar espectral dos pasos
e a auga a escorrer
polo tellado
identifico outras horas,
outras voces perdidas sen remedio
na distancia.
No aire dos armarios,
morfina do tempo,
palpo a morneza dun corpo
nestes traxes que amaron a luz.
Naftalina e soños dormen
chalecos e zapatos deixados
por alguén que emprendeu escura
naveganza.
Aquí están en paz,en soliloquio
íntimo,
suores, caricias, lonxanías,
últimos mofos onde se pudre 
oloroso o esquenzo, 
tal se destapo un frasco de aire
enfermo.

Xulio L. Valcárcel. En voz baixa

TAREFA 2:

Le os dous textos.
Busca no dicionario as palabras subliñadas.
Redacta un breve texto no que expliques as diferenzas entre un  e outro.

Como presento esta tarefa?:

Nun documento en OpenOffice, aliñado nas catro marxes, en letra verdana,12, indicando:

Nome e apelidos, nº, curso
Tarefa 2 "Casas": Traballamos os textos: lingua non literaria/lingua literaria.

A tarefa entregarase ou impresa nun folio DIN A4 ou como arquivo adxunto á dirección de correo electónico  sabelaals@gmail.com
Data final de entrega:Primeira semana de outubro.

Tipos de textos, I



1 de abr. de 2014

TAREFA SOBRE A DESCRICIÓN.

Tedes que realizar unha descrición dun rostro que seleccionedes no taboleiro de Pinterest. Clicade sobre o enlace debaixo da imaxe.
A descrición ha ser unha redacción en tres parágrafos.
 Ten que presentar as características principais da descrición:
- abundancia de adxectivos
- comparacións
- metáforas ou imaxes
Será unha descrición subxectiva  e consistirá nun retrato do personaxe elixido : adicaredes unha parte á descrición física e outra á descrición psicolóxica.
LIGAZÓN: Rostros

15 de jan. de 2014

OS NOSOS TRABALLOS DA PRIMEIRA AVALIACIÓN. PRIMEIRA PARTE.

Estes son algúns dos traballos que fixemos na 1ª avaliación.Todos traballastes ben, pero aquí  só presento unha selección daqueles que por algún motivo crin conveniente destacar. O curso ten moitas semanas e todos podedes, e debedes, esmerarvos nos traballos.
En sucesivos días seguirei subindo documentos.







30 de nov. de 2013

COMENTARIO DE TEXTOS: OS MELLORES COMENTARIOS POR GRUPOS

Fixemos un traballo en grupos que consistía en comentar un texto de instrucións. Aquí vos deixo os mellores comentarios que fixestes por clase. Agradézolle aos alumnos e alumnas que os compartan con todos nós porque así aprendemos todos. Se lles botamos un vistazo todos aprendemos a facer comentarios e a mellorar a redacción.

De 1º ESO B  destaca o comentario de Patricia Rodríguez e Amanda Mariano:

De 1º ESO C destaca o comentario de Paula Alonso,Carla García, Jorge Fraga e Daniel de Oliveira :

20 de nov. de 2013