Este é o blog de traballo para os alumnos de Lingua galega e literatura de 1º da ESO do IES María Sarmiento de Viveiro.
Nel compartiremos noticias, traballos, documentos,...
Aínda que é imposible dar unha cifra exacta -nin sequera aproximada-, calcúlase que no mundo se falan na actualidade entre 3.000 e 5.000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra que se considera mínima para garantir a súa supervivencia a medio prazo. Entre os idiomas máis estendidos están o chinés mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.
Outro aspecto curioso é o que ten que ver coa súa distribución xeográfica, que non é nin moito menos homoxénea. Segundo afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntrase o 32 % das linguas existentes, en América o 15 % -entre outras o quiché, o menomimi, o iowa ou o guaraní-, e en Europa e Oriente Medio, só o 4 %.
Estímase que en África se falan máis de 1.500 linguas diferentes. Hai casos singulares como o de Camerún, un país con 12 millóns de habitantes no que se falan nada menos que 270 idiomas, ou Nixeria, onde se rexistraron case 450. Pero a palma lévaa Papúa Nova Guinea, cuxos habitantes comunicanse, atención, en850 linguas diferentes! Toda unha torre de Babel.
Entre as ameazadas, que son case o 90 % das existentes, hainas tan suxestivas como o cayapa, en Ecuador, con algo menos de 5.000 falantes; o walmajari, que só falan 1.000 seres humanos no mundo; e o zuñi, en Norteamérica, con 6.000 usuarios. Hai tamén casos máis graves, como o miwok, un idioma indio que unicamente falan 4 persoas; ou o yidiny, en Australia, con pouco máis dunha ducia de falantes. Respecto do kamas, unha lingua que se falaba nos Urales, dáse practicamente por desaparecida, porque é máis que probable que morrera o último falante do que se tiña noticia, un ancián que tiña 92 anos en 1987.
O vindeiro martes 8 de outubro imos ao teatro a Santiago para ver unha obra de Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Velaquí o cartel:
Sube un breve comentario sobre un dos seguintes aspectos:
- Valoración da obra( indicas cal é o tema da obra e a túa opinión)
- O personaxe favorito( identificación e descrición)
- Valoración da posta en escena: ambientación, vestiario, iluminación,etc.
Imos escribir un breve texto descritivo (de 200caracteres aproximadamente). Este texto pode ser realista ou fantástico. Hai que describir un dos dragóns que aparecen a continuación.
Como presento isto?
Nun documento de OpenOffice, aliñado nas 4 marxes, letra Verdana 15 e coa imaxe insertada (centrada) debaixo do título subliñado e centrado.
O libro de lectura desta 1ª avaliación será Palabras de auga de Marcos Calveiro. Adicaremos un día da semana a lectura deste libro, con alguhas actividades. Comezamos a súa lectura o día 1 de outubro.
3ª Edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil, 2012
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.