Este é o blog de traballo para os alumnos de Lingua galega e literatura de 1º da ESO do IES María Sarmiento de Viveiro. Nel compartiremos noticias, traballos, documentos,...
O noso fitofaladoiro
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?
19 de dez. de 2013
13 de dez. de 2013
8 de dez. de 2013
7 de dez. de 2013
6 de dez. de 2013
3 de dez. de 2013
A BANDA DESEÑADA.
Esta semana adentrámonos no mundo da narrativa debuxada, é dicir, o mundo da banda deseñada. Buscando na rede, atópanse páxinas que axudan a facer cómics. Velaquí tedes os enlaces:Intentámolo co primeiro deles porque nos pareceu o máis sinxelo dos tres. Animádevos !
Aquí podedes repasar o CAMPO SEMÁNTICO que vimos no tema do cómic:
viñeta
elipse (narrativa)
encadre
plano (xeral, medio, americano, primeiro plano,...)
globos
texto de apoio
onomatopea
signos cinéticos
Toca repasar antes de comezar!
Ah, por certo! Adiviñas quen son eses dous? E, que tipos de plano son?
30 de nov. de 2013
COMENTARIO DE TEXTOS: OS MELLORES COMENTARIOS POR GRUPOS
Fixemos un traballo en grupos que consistía en comentar un texto de instrucións. Aquí vos deixo os mellores comentarios que fixestes por clase. Agradézolle aos alumnos e alumnas que os compartan con todos nós porque así aprendemos todos. Se lles botamos un vistazo todos aprendemos a facer comentarios e a mellorar a redacción.
De 1º ESO B destaca o comentario de Patricia Rodríguez e Amanda Mariano:
Etiquetas:
Comentarios,
Lingua escrita,
Tarefas,
Tema 2,
Tipos de textos
29 de nov. de 2013
28 de nov. de 2013
Clasificación dos substantivos.
Hoxe repasamos para o exame a clasificación semántica dos substantivos e facémolo con dous esquemas que nos aportaron dous compañeiros: Sara Coello de 1º A e Adrián Sánchez de 1º B:
Castelanismos léxicos:
* maldad por maldade
* xaula por gaiola
21 de nov. de 2013
25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
20 de nov. de 2013
A BANDA DESEÑADA OU CÓMIC.
Imos ver as características do cómic ou banda deseñada.
11 de nov. de 2013
POLO SAN MARTIÑO, LÉXICO GASTRONÓMICO: O COCHO.
A matanza do cocho Joachim Beuckelaer, 1563, Wallraf-Richartz Museum, Cologne
TAREFA:
REDACTA UNHA RECEITA FEITA CON CARNE DE COCHO. NON ESQUEZAS O FORMATO DA RECEITA E DE QUE É UN TEXTO DE INSTRUCIÓNS.
A VOLTAS COS TIPOS DE TEXTOS
10 de nov. de 2013
APRENDEMOS NOVO LÉXICO CO PORTAL DAS PALABRAS.
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN: Setestrelo.
TAREFA
- Le o texto completo.
- Elabora nun documento de OpenOffice un dicionario visual co léxico destacado.
INSTRUCIÓNS:
- Fonte: Bookman Old Style, 16 px, aliñado nas catro marxes; cor de letra: verde 1 cando usamos a negriña e cor automática (negro) no resto do traballo. As palabras a definir en negriña e subliñadas, centradas e debaixo, tamén centrada, a imaxe ou imaxes (máximo 3 para cada entrada) que utilices. O dicionario presentará orde alfabética.
9 de nov. de 2013
AUTOAVALIÁMONOS.RESULTADOS DA PROBA DO TEMA 1.
Estes son os resultados da Proba de avaliación do Tema 1. Os resultados son mellorables, pero tamén é a primeira proba do curso, con cambio de centro, profe nova,... Fagamos autoavaliación todos e a mellorar!
Como celebramos o Samaín.
Este foi o noso traballo polo Samaín. Decoramos cabazas e a biblioteca.Escribimos relatos de medo e lémolos en colectivo. Traballamos e divertímonos!
Make your own mind maps with Mindomo.
Etiquetas:
1º ESO,
Lectura comprensiva,
Lingua escrita,
Xogos
8 de nov. de 2013
Practicamos a redacción con parágrafos, II
Le o seguinte texto e sube un comentario na entrada sobre o tema.
Preme aquí.

Instrucións:
Redacta dous parágrafos;
- No 1º fas un resumo da lectura.
Preme aquí.

Instrucións:
Redacta dous parágrafos;
- No 1º fas un resumo da lectura.
- No 2º parágrafo indicas un título novo e das a túa opinión.
Identifícate e sube o texto que redactaches a Comentarios desta entrada.
Etiquetas:
Comentarios,
LINGUA,
Lingua escrita,
Redacción
6 de nov. de 2013
De textos, parágrafos, temas e títulos.Os mellores comentarios de curtametraxe.
Estes son, ao meu modo de ver, algúns dos mellores comentarios sobre as curtas. Valoro a utilización dos parágrafos coas dúas ideas separadas: nun o argumento e noutro o tema. E por suposto a corrección ortográfica.
Grazas a todos por compartir! Coas vosas aportacións todos aprendemos!
Grazas a todos por compartir! Coas vosas aportacións todos aprendemos!
Etiquetas:
1º ESO,
Comentarios,
curtametraxe,
Lingua escrita
Assinar:
Postagens (Atom)




















