Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

21 de mai. de 2013

Imos ao cine: O Apóstolo.


Hoxe, dentro da celebración das Letras Galegas, temos a oportunidade de ver no noso centro a película O APÓSTOLO.
O director e guionista é Fernando Cortizo.
O xénero desta película de animación pode encadrarse dentro das películas de terror, pero pódese ver a partir dos 7 anos.
 INVESTIGANDO: é unha película feita por CROUWDFUNDING. E que é iso?
CROUWDFUNDING/FINANCIAMENTO EN MASA
FINANCIAMENTO POR SUBSCRICIÓN
Financiamento por subscrición (do inglés crowdfunding), tamén denominada financiamento colectivo, microfinanciamento colectivo, e micromecenado, é a cooperación colectiva, levada a cabo por persoas que realizan unha rede para conseguir diñeiro ou outros recursos; adóitase utilizar Internet para financiar esforzos e iniciativas doutras persoas ou organizacións. Crowdfunding pode ser usado para moitos propósitos, desde artistas buscando apoio dos seus seguidores, campañas políticas, financiamento do nacemento de compañías ou pequenos negocios.
Ademais é unha película stop motion; na Wikipedia lemos
O stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. En xeral, denomínanse animacións stop motion a aquelas que non entran na categoría dos debuxos animados, nin na de animación por computador. Isto é, que non son debuxadas en 2D nin animadas integramente por computador en 3D, senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade.
Segundo o tipo de material utilizado nos modelos da animación, pódense distinguir dous tipos de stop motion: a que utiliza modelos creados a partir de materiais maleables como plastilina ou arxila e que recibe o nome de claymation, e as que utilizan figuras ou modelos feitos con materiais ríxidos.

5 comentários:

  1. A película está ben pero creo que debería poñerle algo mais de interes con maís personaxes non se algo por alí

    Lya Nice Choque Colque 1ºB

    ResponderExcluir
  2. A película gustoume. Pero o proceso pareceume incrible sobre todo que gravaran tres segundos ao dia; pero que custe 5 MILLONS de euros é excesivo.

    José Hermida Cerdeiras 1ºB

    ResponderExcluir
  3. A min, gustoume bastante, foi interesante todo o traballo que fixeron, o bó, e que tivo intriga, e tamén unha especie de medo.

    Zoila Barcala Fernandez 1ºB.

    ResponderExcluir
  4. Gustoume moito a pelícua pero pareceume un pouco rara, nunca vin ningunha película creada de esa maneira é fascinante, foi un gusto ve-la.

    Melina Agostina Pulleiro Crespo 1ºB.

    ResponderExcluir
  5. A película esta muy ben
    JOSÉ LÓPEZ ARNEJO

    ResponderExcluir