Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

8 de out. de 2013

A diversidade lingüística no mundo.

Aínda que é imposible dar unha cifra exacta -nin sequera aproximada-, calcúlase que no mundo se falan na actualidade entre 3.000 e 5.000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra que se considera mínima para garantir a súa supervivencia a medio prazo. Entre os idiomas máis estendidos están o chinés mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.

Outro aspecto curioso é o que ten que ver coa súa distribución xeográfica, que non é nin moito menos homoxénea. Segundo afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntrase o 32 % das linguas existentes, en América o 15 % -entre outras o quiché, o menomimi, o iowa ou o guaraní-, e en Europa e Oriente Medio, só o 4 %.

Estímase que en África se falan máis de 1.500 linguas diferentes. Hai casos singulares como o de Camerún, un país con 12 millóns de habitantes no que se falan nada menos que 270 idiomas, ou Nixeria, onde se rexistraron case 450. Pero a palma lévaa Papúa Nova Guinea, cuxos habitantes comunicanse, atención, en  850 linguas diferentes! Toda unha torre de Babel.

Entre as ameazadas, que son case o 90 % das existentes, hainas tan suxestivas como o cayapa, en Ecuador, con algo menos de 5.000 falantes; o walmajari, que só falan 1.000 seres humanos no mundo; e o zuñi, en Norteamérica, con 6.000 usuarios. Hai tamén casos máis graves, como o miwok, un idioma indio que unicamente falan 4 persoas; ou o yidiny, en Australia, con pouco máis dunha ducia de falantes. Respecto do kamas, unha lingua que se falaba nos Urales, dáse practicamente por desaparecida, porque é máis que probable que morrera o último falante do que se tiña noticia, un ancián que tiña 92 anos en 1987.

16 comentários:

  1. A min paréceme que o galego está en unha boa posición tanto nas linguas máis faladas coma nas redes sociais e sorprendeume moito que estivera en tan boa posición porque aquí en Galicia moitas persoas non lle fan caso.Yuri Fernández Martínez .

    ResponderExcluir
  2. Pa a miña opinión pensaba que a lingua galega estaba nun posto un pouco mais arriba que a xente falaban mais a lingua galega pero grazas ao video dime conta que a lingua galega estase esquezendose dela
    ASI QUE AI que falarmais o galego q senón olvidase del.

    Andrea Riguera 1º a da eso

    ResponderExcluir
  3. De 5.000 linguas que hai non pensaba que o galego estaría no posto 136. Eu pensaba que outros idiomas eran mas importante que o galego.
    Pero tampouco diría que estivese tan alá.

    Sara Coello León 1 E.S.O - A


    ResponderExcluir
  4. Eu xa vira este vídeo en 6º así que xe sabia mais ou menos ese posto pero eu cando o vera pensaba que estaba mais ala de postos.
    Noa Pardo Rivera Nº17 ESO-1A

    ResponderExcluir
  5. Ola son Ana F de primeiro A. Cando vin o vídeo pensei que o galego non se ía encontrar porque tiña poucos falantes pero resulta que non é así aínda ten uns cantos.

    ResponderExcluir
  6. O galego e moi importante por eso de 5 000 linguas que hai no mundo non pensara que o galego fora tan importante para que estuvera no posto 136.


    Ana García Candia 1ºE.S.O - A

    ResponderExcluir
  7. Eu non pensaba que o galego estaría no posto 136 no número de falantes senón que cría que o galego estaba moito máis atrás .E tamén sorprendeume que o galego fora utilizado coma un dos poucos idiomas das páxinas webs como por exemplo que estivera nas 95 linguas do sistema de windows .
    Gabriela 1º E.S.O A .

    ResponderExcluir
  8. penson co galego se tendria q usar mais

    ResponderExcluir
  9. Eu pensaba que o galego estaría no kilómetro tres, polo cal me sorprendeu bastane pero alegrome moito de que non estexa no kilómetro tres.Vexo que bastante xente fala o galego.

    Ariadna Cuba 1º-A

    ResponderExcluir
  10. JAIME1ºB

    Non pensaba que estivera nesa posición ,o vídeo esta moi ben gústame moito.É tamén sorprendeume moito o das redes socias .O galego está en moi boa posición no tema das linguas.
    UN SAÚDO JAIME1ºB

    ResponderExcluir
  11. Eu creo que o galego non é unhas das linguas menos faladas do mundo. Eu vou falar o galego toda amiña vida porque eu son galega.
    NACÍN EN GALICIA!!!!

    ResponderExcluir
  12. Pensaba que estaba en peor situación sorprendeume que estibera en tán boa situación.
    Está en moi boa situación no posto 136.
    1º B.

    ResponderExcluir
  13. 1B
    O vídeo esta moi ben,porque explica en que posto esta o galego

    ResponderExcluir
  14. pensei que o galego non o falaba tanta xente. Esta moi ben.

    1º B

    ResponderExcluir
  15. Pensaba que estaba en peor situación, sorprendeume que estivera en tan voa situación.
    Está en voa situación no posto 136.
    1ºB

    ResponderExcluir

  16. Patricia Rodríguez González 1º Nº 19

    O vídeo trata sobre todas as linguas do mundo, e explica Que o galego estase perdendo pero que é unha das linguas máis faladas.

    A lingua máis falada é o chinés e logo o Inglés.

    A min sorprendeume ver que o galego se esta falando e sintome orgullosa de iso porque me agrada saber que a nosa terra é única e que en ningún caso, a nosa lingua se vai perder.

    ResponderExcluir