Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

24 de mar. de 2013

CARMINA BURANA


Os Carmina Burana son unha colección de cantos medievais goliárdicos dos séculos XII e XIII.
Esta colectánea, composta por estudantes e clérigos, consta dunhas 300 composicións, das que arredor de 250 están en latín e unhas 50 en alemán, en francés antigo ou nunha mestura de varias delas. Os temas e estrutura rítmica son as comúns da poesía cabaleiresca (as cruzadas, o amor, a natureza) e dos himnos relixiosos. Porén, as composicións típicas son as chamadas Kontrafakturen, que seguen o esquema de versículos e letanías dos Evanxeos pero satirizan e condenan a decadencia dos estudos e a corrupción da curia romana. A composición máis coñecida é a Confessio Goliae, de Gualterio de Châtillon, que eloxia a muller, o viño e o xogo.


Nenhum comentário:

Postar um comentário