Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

10 de mar. de 2013

SEGURIDADE NA REDE

Imos ler o seguinte texto e responderemos ás cuestións plantexadas.

Contrasinais seguros
Por moi seguro que sexa un sistema, non servirá de nada se un atacante consegue o nome e contrasinal dun usuario lexítimo.
Actualmente, o método máis estendido para obter acceso á información persoal que almacenamos no noso equipo e/ou servizos en liña é mediante contrasinais.
A maioría das veces un contrasinal é a única barreira entre os nosos datos confidenciais e os ciberdelincuentes. Polo que merece a pena investir un pouco de tempo e esforzo para xestionalos eficazmente.
Que debe ter un contrasinal para ser realmente seguro?
Un bo contrasinal debe cumprir, polo menos, tres destas catro características:
  1. Ter números
  2. Ter letras
  3. Ter maiúsculas e minúsculas
  4. Ter símbolos ($, @,&, #, etc.)

A parte, para que un contrasinal sexa seguro tamén debe cumprir os seguintes requisitos:
  •   A lonxitude non debe ser inferior a sete carácteres. A maior lonxitude máis difícil de adiviñar.


  •   Non debe formarse con números e/ou letras que estean adxacentes no teclado. Exemplos de malos contrasinais son: 123456, 1q2w3e ou 123QWEasd.


  O contrasinal non debe conter información que sexa fácil de pescudar, por exemplo, nome de usuario da conta, información persoal (aniversario, nomes de fillos, etc.)
  Non debe conter palabras existentes nalgún idioma. Os ataques de dicionario(1) proban cada unha das palabras que figuran no dicionario e/ou palabras de uso común.

1.Un ataque de dicionario é un método de cracking que consiste en intentar pescudar un contrasinal probando todas as palabras do dicionario.

Boas prácticas
  •   Non uses o mesmo contrasinal para diferentes contas. Sobre todo si son de alto risco, como as dos servizos bancarios ou comerciais.
  •   O contrasinal é algo privado, non o deixes escrito en ningún sitio, e moito menos á beira do ordenador.
  •   Cambia os contrasinais que traen por defecto os dispositivos e servizos en liña. Un exemplo é o dos router WiFi, que traen por defecto contrasinais publicamente coñecidos, que un atacante podería utilizar.

Un Truco para crear contrasinais seguros

Usar unha frase fácil de memorizar. Unha vez feito isto, podemos facer combinacións coas distintas palabras que compoñen a frase: utilizar a primeira letra de cada palabra, utilizar a última letra de cada palabra, etc.

Exemplo: Utilizar a primeira letra de cada palabra.

Frase: O 4 de Decembro é o meu aniversario.

Contrasinal: O4dDeoma.

ACTIVIDADES
1. Utilizas contrasinais? Consideras que son seguros, despois desta lectura?
2. Escribe un exemplo de contrasinal seguro e outro que sexa un exemplo claro de mal contrasinal.
3. Que é un ataque de dicionario?

Nenhum comentário:

Postar um comentário